O Tapeo de Trabada terá lugar do 5 ao 7 de abril en catro establecementos da localidade. Vanse sortear 200 euros en vales de compra.

O Concello de Trabada organiza o Tapeo Trabada que se celebrará do 5 ao 7 de abril.

Catro locais hostaleiros da vila ofrecerán, durante eses tres días, tapas elaboradas para a ocasión ao prezo de 1´50 euros. Ademais sortearanse 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos participantes.

Nesta ruta de tapeo Bar Villapol presenta as tapas: Que foi primeiro? E Manciña de porco en salsa de améndoas; Bar O Porfirio: Porco bravo con cogumelos e compota de mazá e Regaliños do mar con crema de nécoras; Mesón Camiño Norte: Potaxe de fabas con gambas e calamar e Roupa vella con tostóns mouros e cristiáns; e Taberna da Curuxeira: Roliños de carne con menestra de verduras e Cestiño de bacalao en salsa de marisco.