O Vicedo celebra o Entroido con sesión vermú e verbena o 17 de febreiro

O Vicedo celebrará o Entroido o sábado 17 de febreiro con sesión vermú e verbena.

As actividades, organizadas pola comisión de festas de Santo Estevo, comezarán ás 13:30 horas con sesión vermú amenizada por Borja Dinastía. A partir das 16:30 horas haberá festa infantil con inchables e DJ e ás 21:30 horas terá lugar o desfile infantil con premios e cea merendola. 

A verbena empezará ás 22:30 horas e estará amenizada pola orquestra Unión y Fuerza e Discomovil Eventec. E ás doce e media da noite sortearase unha gran cesta e farase o desfile de adultos.