O XX Mercado Medieval de Alfoz celebrarase os días 21 e 22 de xullo, a carón do Castelo do Castro de Ouro.

Os días 20 e 21 de xullo celebrarase a XX edición do Mercado Medieval de Alfoz, que terá lugar no Castelo do Castro de Ouro.

O mercado abrirá as súas portas o venres, en horario de 21:00 a 02:00 horas, e o sábado de 9:00 a 02:00 h.

Nestas xornadas haberá, entre outras actividades, ruta de sendeirismo, exposicións no interior da Torre, misa en latín, representacións teatrais, espectáculos de rúa, malabares, contacontos, vodas medievais, exhibición de aves rapaces, xogos medievais ecuestres, tiro con arco e degustación de produtos. Para rematar o programa haberá, nunha zona habilitada preto da torre, unha cea medieval con queimada e música folk.

O mercado ambientarase en 1483, ano no que foi apresado o Mariscal Pardo de Cela nas inmediacións da Torre do Homenaxe do Castelo do Castro, e recrea un mercado da época con produtos de alimentación e artesanía dos distintos sectores que convivían na zona da Mariña lucense, destacando un antigo forno de pan no que se coce pan e fanse obradoiros para nen@s.