Ollomao representará o 4 de marzo en Ribadeo a "Enciclopedia Álvarez". Será no auditorio municipal Hermán Naval.

O colectivo cultural Ollomao de Barreiros porá en escena a obra Enciclopedia Álvarez. Será este domingo, 4 de marzo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo. O prezo da entrada é de 3 euros.

Dirixida por Ramón Casas Oroza é a historia do día a día de catro nenas e catro nenos sometidos á absurda e ilóxica “des-educación” da escola franquista. Unha historia contada con humor, porque desde o humor é máis agradable exercer a sempre necesaria memoria histórica.

Enciclopedia Álvarez é unha invitación ao sorriso. Un achegamento a esas historias desde os ollos inocentes dos nenos e nenas protagonistas da historia. Nenos e nenas que as lembran desde a súa posición actual de adultos, e baixo o prisma do paso do tempo que todo o suaviza.