Os días, 1, 2 e 16 de xullo terán lugar as festas do San Pedro e do Carme na parroquia alfocense de Mor.

Os días 1, 2 e 16 de xullo celébranse na parroquia de Mor, no concello de Alfoz, as Festas do San Pedro e do Carme.

Na primeira fin de semana de xullo, o sábado día 1, haberá misa solemne ás 12:30 horas e procesión. De seguido terá lugar a sesión vermú e festa verbena amenizadas coa música de La Favorita e a Disco Móvil Fabrik. Ademais haberá inchables gratis. O domingo, día 2, ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne, e de seguido a sesión vermú co Dúo Epo K.

O programa de festas continuará o domingo, 16 de xullo, con misa solemne ás 9:00 e ás 12:00 horas, tras esta última cerimonia terá lugar procesión. Despois terá lugar a sesión vermú e festa verbena amenizadas polo trío Lembranza. Ademais haberá unha cea gratuíta para veciñ@s con sorteo de agasallos.

Unha das novidades introducidas pola actual comisión é a edición dun libro promocional onde aparece información de todas aquelas empresas, comercio e entidades que colaboraron economicamente coas festas. Nesta publicación ofrécese tamén unha colección de fotografías antigas tanto da parroquia de Mor como doutros lugares do municipio, xa que un dos obxectivos da comisión é poñer en valor o ámbito xeográfico local.

O verán pasado non houbo festas parroquias en Mor por falta de voluntarios e nesta ocasión Romina, Lorena e Raúl decidiron abordar o proxecto para animar a tempada estival na localidade e manter vivos os vínculos sociais da parroquia.