Os días 14 e 15 de xaneiro celébranse as festas de San Sebastián en Carballido (Alfoz).

Esta fin de semana, sábado 14 e domingo, celebraranse as festas na honra de San Sebastián en Carballido (Alfoz), que teñen nova situación: xunto á igrexa en carpa pechada e climatizada.

O sábado 14 a partir das 13:00 horas haberá misa, procesión e sesión vermú co dúo Belinda e con tapas de callos para acompañar as consumicións. E pola noite, festa verbena con Extraordinarios Team, “primeira contratación na Mariña dun grupo de recente creación que soamente actuará de decembro a febreiro. Xúntase unha das mellores dianteiras da verbena galega, participantes do programa A Liga dos Cantantes Extraordinarios: Diego Moreira (actual Panorama, ex París de Noia e Cinema); Ángel Hasegawa (actual Cinema); Ángel Sevilla (ex La Fórmula e Palladium), Laura Añón (presentadora da TVG, ex Finisterre e Charleston);  e Rocío Varela (actual New York, ex Fania Blanco Show)”, destacan os organizadores da festa. Tamén anuncian que actuará Marcos Peón, “un dos mellores djs do norte de España. Nominado no 2011 como mellor produtor e mellor dj revelación nos prestixiosos premios Vicious Music Awards”, e Discomóvil Conxuro “abrirá e pechará a verbena con todo tipo de música”.

E para o domingo 15 a partir das 13:00 horas está programada misa, procesión e sesión vermú fin de festa co dúo Belinda e con tapas de callos para acompañar as consumicións.

A organización da festa corre a cargo da Asociación de Veciños San Sebastián de Carballido, que conta coa colaboración do Concello de Alfoz.