Os días 16 e 17 de agosto celébrase en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) a XXIV Festa da Tortilla, que organiza a Irmandade de San Caetano.

A Irmandade de San Caetano de Celeiro de Mariñaos organiza a XXIV edición da Festa da Tortilla, que se celebrará os días 16 e 17 de agosto.

Haberá diversas actuacións musicais e estarán o grupo Xaramolo de música tradicional, a charanga Lou Band, Paco Nogueiras con Radio Bule Bule, a formación Almas de Contrabando que ofrecerán versións de pop rock e Chechu e Salva Dúo Diamantes.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Barreiros, Deputación de Lugo e Gadis.