Os días 20 e 21 de xaneiro terá lugar en Ribadeo o III Curso de Música Tradicional Galega, que organiza a asociación cultural Ronqueta.

A asociación cultural Ronqueta organiza o III Curso de Música Tradicional Galega “Monográfico sobre os Ancares”, que se celebrará en Ribadeo os días 20 1 21 de xaneiro do vindeiro ano. 

Serán 10 horas de formación as que se impartirán nas instalacións da Escola Municipal de Música e Danza,  nas especialidades de gaita, percusión, canto e pandeireta e baile. 

Desde a organización explican que “as prazas son limitadas a un mínimo de 10 persoas por especialidade e un máximo de 15 en gaita, máximo de 20-22 en percusión, canto e pandeireta e baile. As prazas serán atendidas pro rigorosa orde de entrega e formalización da cota, que é de 45 euros para o alumnado da EMMeD e de 50 euros para o resto”.

Pepe Vaamonde será o encargado de impartir as clases de gaita; Davide Salvado as de canto e pandeireta; Miguel A. López “Chino” as de percusión e Javier Feijoó “Xisco” as de baile.

Na organización desde III Curso de Música Tradicional Galega colabora o Concello de Ribadeo. O obxectivo desta cita “é mostrar unha visión completa da música e baile tradicionais galegos, participando e desfrutando todo o alumnado dunha visión global do folclore, e nesta edición, centrándose na comarca dos Ancares”.