Os nenos e nenas de Xove despedirán o 2019 este 31 de decembro ás 12 do mediodía na praza do Centro Cívico. Haberá badaladas e champín.

Mañá, martes, 31 de decembro, e para rematar o ano continúa o amplo Programa de Actividades de Nadal do Concello de Xove, neste caso dedicado aos nenos. As 11:00 horas haberá unha Festa Infantil de Fin de Ano coas seguintes actividades: 

-11:00 horas. Festa Infantil no Pavillón Municipal de Deportes con xogos e actividades para todos os nenos e pais. 
-12.00 horas. Celebración Infantil Fin de Ano coa toma das 12 uvas e champín por parte dos nenos asistentes. Neste caso farémolo na Praza do Centro Cívico coas badaladas do reloxo do Concello.