Os Sendeiros de Foz organiza unha nova andaina o 5 de agosto a través da ruta circular de Fazouro.

Os Sendeiros de Foz organiza unha nova andaina. Nesta ocasión será para realizar a ruta circular de Fazouro con saída ás 9 horas desde a Ponte de Ferro (Fazouro) o vindeiro sábado, 5 de agosto. 

O último día para anotarse será o venres 4 e os prezos, como de costume, serán de 5 euros para os non federados e de balde para os que si o sexan. 

Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo, xa que a dificultade da ruta a realizar é media. As persoas interesadas en anotarse ou recibir máis información poden dirixirse aos teléfonos 670.369.017 e 606.718.482 e ao correo electrónico ossendeiros@yahoo.es

Os Sendeiros conta coa colaboración do Concello de Foz.