Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta entre a Serra do Xistral e a Fervenza de Escouridal. Será o 20 de outubro.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola zona da Serra do Xistral, que rematará na Fervenza de Escouridal, o día 20 de outubro. Na actividade participarán membros da asociación de Rebollín de Salas. A saída será ás 8:30 horas de Foz e ás 8:50 horas desde Ferreira.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o día 16 de outubro, e poden facelo nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-Mail ossendeiros@yahoo.es.

O prezo é 25 euros para os socios federados, 29 euros para os socios non federados e 33 euros para os non socios. Está incluído o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora coa organización deste evento.