Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polos Oscos, en Asturias, o 18 de marzo. A inscrición está aberta.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 18 de marzo unha ruta por Seimeira-Forcón de Ríos na zona de Os Oscos, en Asturias.

A saída será ás 8:00 horas do Concello e para participar é obrigatorio anotarse antes do mércores 14 de marzo. Poden facerse as inscricións nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es 

O prezo é 22 euros para os socios federados, 27€ para os socios non federados e 32 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten unha dificultade media.

Colabora o Concello de Foz.