Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao Fuciño do Porco, en O Vicedo, o 9 de decembro.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha nova ruta para o sábado 9 de decembro que discorrerá polo coñecido Fuciño do Porco.

A saída será ás 8:00 horas do Concello, o nivel de dificultade do percorrido é medio, e recomendase levar equipo de sendeirismo.

O prezo é 25 euros para os socios federados, 30€ para os socios non federados e 35 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.

É obrigatorio anotarse e o prazo remata o martes 5 de decembro. As persoas interesadas poden inscribirse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es

O Concello de Foz colabora con esta actividade.