Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta pola costa asturiana entre Cudillero e San Esteban de Pravia o 20 de febreiro.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola senda costeira entre Cudillero e San Esteban de Pravia, en Asturias, o domingo 20 de febreiro.

A saída será ás 7:45 horas de Ferreira e ás 8:00 de Foz.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 16 de febreiro nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son de 30 euros para os socios federados, 34 euros para os socios non federados e 38 euros para o socio temporal. Está incluído o autobús e o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, pasaporte covid e mascarilla. A ruta ten unha lonxitude duns doce quilómetros e un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización deste evento.