A parroquia cervense de Rúa celebrará as festas da Candelaria os días 2, 4, 5 e 6 de febreiro.

A parroquia cervense de Rúa celebrará as festas da Candelaria os días 2, 4, 5 e 6 de febreiro baixo carpa e adaptadas ás medidas sanitarias vixentes nese momento.

O programa de actividades empezará o mércores 2 ás 13:30 horas con misa cantada por Toñito e procesión. O venres 4 haberá verbena amenizada polas orquestras Los Satélites e Finisterre.

A festa seguirá o sábado 5 ás 13:00 horas con misa cantada polo Coro Parroquial de Cervo e procesión. Despois haberá sesión vermú coa orquestra Miramar, que tamén amenizará a verbena xunto con Fania Blanco Show.

E rematarán os festexos o domingo 6, xornada na que ás 13:00 horas celebrarase misa cantada polo Coro Parroquial de Cervo e procesión. E a continuación haberá sesión vermú co grupo Fénix, que tamén amenizará a verbena.