Pasada das Cabras organiza a 2ª etapa do Camiño do Cantábrico, entre Ribadeo e Rinlo. Será o 11 de febreiro.

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 11 de febreiro, a 2ª etapa do Camiño do Cantábrico entre Ribadeo e Rinlo.

A etapa ten 11 quilómetros de lonxitude e a saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.

O prezo é de 20 euros para os socios e 25 para os que non o son, e inclúe autobús, comida e seguro.

Os interesados en participar teñen que anotarse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves 9 de febreiro ás 20:00 horas.

Esta actividade organizada pola asociación Pasada das Cabras, que conta co patrocinio do Concello de Burela.