Pasada das Cabras organiza unha nova edición da ruta nocturna entre Burela e San Cibrao o 20 de agosto.

A Asociación Deportiva de Sendeirismo de Burela Pasada das Cabras organiza o vindeiro sábado, 20 de agosto, unha ruta nocturna.

Esta ruta sairá as 22:00 horas dende a Praza da Mariña, en Burela, e chegará ata San Cibrao. Nesa vila tomarase un chocolate con churros en “O Noso Lar” para repoñer forzas. Desde a organización explican que “a volta xa será por libre, os que queiran voltarán andando e os que non lles apeteza xa serán previsores e deixarán un coche en San Cibrao para voltar”. O chocolate con churros será totalmente gratuito para os socios e terá un coste de 5 € para os non socios.

E engaden que “de todas formas tanto socios como non socios teñen que anotarse para poder reservar no restaurante. Poden facelo en Gráficas Arfe ou ben nos teléfonos: 982 580 504 e 657 821 194, este último con whatsapp por si a alguen lle é máis cómodo. O prazo para anotarse finalizará o 18 de agosto”.