A Pomba do Arco organiza a presentación do libro "Do abadexo á zorza. Diccionario da comida galega". Será o 5 de xullo na libraría Bahía, en Foz.

A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 5 de xullo ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do libro "Do Abadexo á zorza. Dicionario da comida galega", nun acto no que tomaran a palabra os editores do mesmo Xan Carballa e Cesar Lorenzo e o seu autor Xavier Rodríguez Baixeras.

"Do Abadexo á zorza. Dicionario da comida galega" é moito máis cun libro gastronómico, tratase dun traballo único e singular no espazo das culturas peninsulares que reúne por primeira vez nun mesmo volume, profusamente ilustrado, un esforzo  de recuperación lingüística clave para unha cultura como a galega, até converterse nun grande manual de consulta tamén é un traballo diferente e de referencia para gorentarse cos sabores e os saberes, polo simple pracer da lectura e a evocación e que será de obrigada presenza en  todas as entidades relacionadas coa cultura, a alimentación e a gastronomía.

O autor da obra é o noso conveciño Xavier Rodríguez Baixeras un dos máis grandes poetas galegos libros que con esta publicación volve  a incursionar nun campo que lle é propio como o da gastronomía. Criado entre Ribadeo e Nois, adoita pasar as tempadas de verán no lugar dos seus ancestros, a Casa de Covas, téndolle dedicado ás terras de Foz e da Mariña algúns dos seus mellores poemas, recollidos en diversos poemairos. A máis disto Baixeras é socio de honra da Asociación Cultural A Pomba do Arco, sendo un colaborador habitual da actividade cultural no noso concello.  .