A programación cultural de outono do Concello de Foz continúa o 9 de outubro cunha representación teatral de ArtesaCía na Sala Bahía.

Este venres na Sala Bahía, de Foz, continúa a programación do Ciclo de Teatro de Outono que organiza o Departamento de Cultura do Concello focense.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “Ás nove da noite a compañía ArtesaCía presenta a obra Chola a It Girl, na que Chola, unha mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, qué nos gusta, qué nos divirte … e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos”.

Inés López engade que “a entrada terá un custe de 5 euros, con descontos. Esta obra continúa o programa cultural #FozfaiCultura, que comezou co Cultura na Rúa que o Concello de Foz levou a cabo durante todo o verán”.