Raquel Amieiro e Pepe Peinó presentarán o seu libro "Un año contigo" o 15 de xullo na Pontenova.

Despois de estarpor Foz, Valadouro e Mondoñedo,Raquel Amieiro e Pepe Peinóvisitan A Pontenovapara presentar o seu libro “Un año contigo”, convidados pola asociación de Mulleres Rurais do concello.

O libro, escrito maioritariamente durante o confinamento, narra as experiencias de Raquel co cancro durante o ano 2019, as operacións e tratamentos aos que se tivo que someter e as vivencias emocionais que a enfermidade supuxo. 

A presentación será o vindeiro venres, 15 de xullo, ás 21:00h, no Salón de Actos da Casa da Cultura da Pontenova. Contará coa intervención dos autores e do profesor Bernardo Penabade, así como da actuación do grupo de música tradicional "A Chocolateira".