Redrum Teatro porá en escena o 9 de febreiro en Viveiro "A canción do elefante". Será no Pastor Díaz.

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle a representación de Redrum Teatro que porá en escena a obra "A canción do elefante". Será este sábado, 9 de febreiro, ás 20:30 horas.

Trátase dun thriller psicolóxico que conta a historia dun psiquiatra que desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.

O reparto artístico está composto por Guillermo Carbajo, Machi Salgado e Patricia Vázquez, baixo a dirección de Alex Sampayo.