Ribadeo celebra as festas na honra de San Roque o 16 de agosto. Os Cocos sairán á rúa, haberá concerto da Banda e verbena.

A comisión de festas de Ribadeo ultima os preparativos para a celebración a vindeira semana dos festexos na honra de San Roque.

O xoves, 16 de agosto, o programa de festas dará comezo ás 11:30 horas coa saída dos Cocos e Cabezudos, que estarán acompañados polo grupo de gaitas Illa Pancha.

Ás 12:30 horas celebrarase a misa solemne e a continuación terá lugar a procesión. Ao remate a Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de San Roque, na praciña do mesmo nome. 

A xornada festiva rematará coa verbena que estará amenizada pola orquestra Palladium e a discoteca móvil Blanco & Negro.

Colaboran na celebración dos festexos: Acisa Ribadeo, Concello de Ribadeo, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.