Rosa Cedrón participará no VIII Festival Aturuxo de Ourol, que se celebrará os días 19 e 20 de xullo a carón da igrexa de Santiago de Bravos.

O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, e as representantes da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, CarmenRivera Vidal e CarmenSeijas Lamelaspresentaron este xoves nos Xardíns doPazo de San Marcos, o VIII Festival Aturuxo, que terá lugar os días 19 e 20de xullo na parroquia de Santiago de Bravos en Ourol. Esta nova cita musical que organiza a Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, e que conta apoio da Deputación e do Concello.

Vidal Baamonde remarcou que “esta nova edición conta cun programa de primeiro nivel, con artistas como Rosa Cedrón, Collón de Lola, Zënzar e o Som do Galpom. Todas e cada unha destas actuacións son un verdadeiro referente da nosa música tradicional galega, por iso, para nós, é un autentico privilexio participar e colaborar na promoción deste  Festival que promove a nosa cultura”, sinalou.

“Durante estas dúas xornadas o Concello de Ourol convertese nun pequeno epicentro da nosa música, dos nosos sons e das nosas tradicións. Ademais, todos os participantespoderán compartir acea popular, foliada libre, acampada gratuíta, xogos populares, autobuses gratuítos para desprazarsea Ourol e moita diversión para todos os asistentes”, avanzou o Deputado.

Pajón Camba agradeceu a implicación da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos na organización de eventos ao longo de todo o ano, “son unha organización moi activa e comprometida con Ourol”. E convidou a “todos os visitantes a achegarse a Ourol para coñecer todo o entorno da parroquia de Bravos, un lugar que conta con moita tradición e con moita historia no noso Concello, e ao mesmo tempo, que aproveiten para desfrutar dunha evento musicalúnico, para pasar en familia, como neste caso é este Festival”.

Pola súa banda aPresidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos,CarmenRivera Vidal, agradeceu ao Concello e a Deputación o seu apoio a este evento. “Si queremos que o rural non esmoreza, hai que apoialo”, dixo. Remarcou que o Festival deste ano, que xa vai pola 8º edición, conta coa cunha nova festa dos xogos interxeneracionais, e ademais, este ano como novidade haberá artesanía”.

Programa 
A VIII edición do Festival Auturuxo comezará o venres dia 19 de xullo ás 21.00 horas coa actuación de Farrapos de Ghaita. Tamén haberá unha cea con paella, xamón cocido e bocadillos, e para rematar esta xornada, celebrarase unha gran foliada libre.  O sábado día 20, comeza o VIII Festival Folk Aturuxo ás 13.30 horas coa sesión vermú co cuarteto Illa Pancha que dará paso á comida a prezos populares. Ás 16.00 horas comezarán os xogos tradicionais interxeneracionais e de auga. Ás 18.00 horas haberá diversión a cargo de Pakolas e durante a tarde Laura Romeu estará pintado e expoñendo. Ás 21.30 horas comezarán os concertos de: Rosa Cedrón, Collón de Lola, Zënzar  e o Som do Galpom.Haberá autobús gratuíto dende a Estación de Autobuses de Viveiro a Ourol, que realizará paradas ao longo do percorrido, para poder participar neste evento.