A Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá acolle unha exposición de arqueoloxía subacuática ata o 10 de xaneiro.

A Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá acolle a mostra titulada Proxecto Argos. Memoria e patrimonio baixo a Ría, que estará aberta ao público ata o 10 de xaneiro de 2022. 

Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá; a Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha, de Ribadeo; e o grupo de investigación Áncora.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que esta exposición “é interesante para todo tipo de público e recomendada para que @s nen@s coñezan a riqueza arqueolóxica que hai nos fondos dos mares e das rías”.