San Ciprián acollerá os días 24 e 25 de xuño o Campionato de España de Biathe-Triathe no que se darán cita 200 deportistas.

Trátase dun evento organizado polo club PentaLugo en colaboración coa  Federanción Galega de Pentatlón Moderno e do Concello de Cervo.

A cita foi presentada este mediodía polo concelleiro, David Rodríguez, o delegado da Federación Española de Pentatlón, Cristóbal Rodríguez e polo adestrador do Club PentaLugo, Ricardo Vera.

Achégate a desfrutar deste evento, que combina diferentes deportes, Biathle (correr e nadar) e Triathle (tiro-nadar-correr).

Terá lugar no porto de San Ciprián, o sábado desde as 11:00 horas e o domingo desde as 10:00 horas.

Contará coa participación de preto de 200 deportistas.