San Ciprián celebrará as festas do Carme do 11 ao 16 de xullo. Haberá concertos de A Roda e Luar na Lubre.

Tal e como confirmaron desde a organización “deseñouse unha programación variada coa que pretendemos chegar a todos os públicos”. Así, haberán teatro, humor e moita música de todos os estilos.

O mércores, 11 de xullo, a Asociación de Enfermos Mentais da Mariña representará a súa obra Teatro contra o bullyng, eres único. Será ás 20:00  horas, no auditorio da Casa da Cultura.

O xoves, 12 de xullo, O Bordelo actuará coa súa peza teatral Depende. Ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.

O venres, 13 de xullo, será a quenda do Grupo de Teatro Ardora de San Ciprián, coa súa obra Flor de Outono. Ás 21:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura.

Xa o sábado, a partir das 19:30 horas, na Praza dos Campos, terá lugar un show de maxia e humor, a actuación de Brais e Tanito Clown e estará tamén presente a Disco Móbil Scaffold. 

O domingo, 15 de xullo, a festa comezará ás 14:00 horas coa sesión vermú a cargo da orquestra Montreal. Ás 20:00 horas haberá pasarrúas da man da Banda de Música de Foz. Xa ás 21:00 horas terá lugar a Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica do CIT, na Igrexa Parroquial de Lieiro. A continuación, será a Procesión do Carme ata o peirao, coa incorporación de San Ciprián e San Andrés e co acompañamento da Banda de Música de Foz.

Ás 23:30 horas está previsto que comece a música co concerto da Roda, seguido das orquestras Montreal e dun tributo a Fito e Fitipaldi. Ao remate volverá coller o testigo Montreal. Todo isto na Praza dos Campos.

O peche de festa e día grande, o luns 16 de xullo, está previsto ás 11:00 horas o chupinazo, seguido do pasarrúas do grupo local A Rebolaxe. Ás doce do mediodía será a Misa Solemne cantada pola Coral Terramar de San Ciprián, no Peirao. Ao remate terá lugar a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos a cargo de Sara Campo López e, a continuación, a Procesión ata a Igrexa Parroquial de Lieiro, acompañada por A Rebolaxe.

Ás 14:00 horas haberá sesión vermú a cargo da orquestra Suavecito. Xa pola noite, ás 23:00 horas, terá lugar o concerto de Luar na Lubre. Ao remate haberá verbena coa orquestra Suavecito.

Desde o Concello de Cervo convidan a veciños e a visitantes a que gocen desta nova edición das Festas do Carme de San Ciprián.