Teatro do Noroeste chega a Barreiros con "Gloria Nacional". Será o 17 de outubro nos colexios vellos de San Miguel.

O Concello de Barreiros programa unha representación teatral para este domingo, 17 de outubro, coa obra Gloria Nacional de Teatro do Noroeste. Será nos colexios vellos de San Miguel ás 19:00 horas.

Escrita e dirixida por Eduardo Alonso conta cun reparto integrado por Miguel Pernas, Luma Gómez e Manuel Varela. Conta a historia dun escultor e pintor duns 60 anos, considerado polos seus contemporáneos unha auténtica gloria nacional, que ven de recibir o encargo do goberno de crear unha escultura monumental que se colocará na praza principal da capital, ademais aparecen en escena a muller da limpeza e a ministra de cultura. O encontro das tres mentalidades xeran nesta obra unha comedia de profundo contido social.

A representación está incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes e conta coa colaboración de Xacobeo 21-22 e Xunta de Galicia.