Teatro Marionetas Trécola presenta o 3 de setembro no auditorio de Burela o espectáculo "Tolitates".

A Concellería de Cultura presenta, dentro da súa programación cultural, a Teatro Marionetas Trécola co espectáculo Tolitates que porá en escena este sábado, 3 de outubro, ás 18:30 horas no auditorio da Casa da Cultura, con entrada de balde.

Tolitates é un persoeiro que irá atopando situacións e personaxes absurdas que loitan polo protagonismo nas táboas dun teatro. Un gran elenco leva ao público á gargallada continua sen precisar mediar palabra.

Preséntase unha técnica moi novidosa de manipulación, mesturando teatro de obxectos, marionetas de fíos, bunkaru e guiñol. Revalorízase os títeres e obxectos como protagonistas da dramaturxia, obviando as palabras fronte á pantomima e a música nun escenario máxico e cheo de segredos no que non se adiviña a figura do titiriteiro.

Teatro Marionetas Trécola fórmase como compañía profesional no ano 1981 recuperando a tradición dos títeres e as marionetas de fíos para Galicia. A compañía chega á actualidade con proxectos nos que a innovación e a orixinalidade seguen a ser ingredientes básicos.
Esta representación conta co patrocinio da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia a través da AGADIC.