Todo está listo en San Ciprián para a celebración da Maruxaina o 13 de agosto. O Concello fai unha chamada ao civismo.

En San Cipirán celebrarase o 13 de agosto a Maruxaina, unha festa declarada de interese turístico galego que está baseada nunha antiga lenda protagonizada pola Maruxaina.

O sábado terán lugar os actos principais, pero xa o venres, 12 de agosto, se poderá desfrutar da festividade. Comezará as 19:00 horas co gran chupinazo na prazoleta, ao quel sigue a concentración de Maruxain@s onde haberá unha degustación de empanadas galegas e bolos preñaos. O último do día será as o nomeamento d@ Maruxain@ de honra, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina, ás 21:00 horas.

O 13 de agosto tamén comezará co gran chupinazo, haberá un pasarrúas con charangas e gaiteiros, seguido dunha xuntanza na Prazoleta as 12:00 horas para comezar un paseo pola vila, amenizado por as charangas Os Atrevidos, Santa Compaña, TNT e Rolling Band Mekánika.

Pola tarde, ás 19:00 horas, terán lugar uns xogos populares na praia, con especialidades como a carretilla, corda e carreira de sacos. As 23:00 horas será o desembarco da Maruxaina, na Praia do Torno, durante o que se poderá gozar dun espectáculo de fogos de artificio. As 00:00 horas farase o gran xuízo popular que rematará na praza dos Campos, onde dará comezo a verbena coas orquestras Arizona e Fénix.

Desde o Concello de Cervo fan un especial chamamento ao civismo para que “a todos, veciñanza e visitantes, nos quede un gran recordo desta edición da Festa da Maruxaina, cuxo día grande será o vindeiro sábado, pero que xa arrincará mañá coas actividades previas da Pre-Maruxaina” (Chupinazo, concentración de Maruxainos/as na Prazoleta, degustación de empanada e bolos preñados, e nomeamento do Maruxaino/a de Honra a Cargo da asociación Amigos da Maruxaina). Neste senso, pídese a colaboración de todos/as para contribuír a que San Ciprián amenza cunha boa imaxe o domingo, trala Festa.

O persoal municipal de limpeza está preparado para elo pero, entre todos, imos facilitarlle as cousas.  Así mesmo, tamén se reforzará a seguridade, tanto pública como privada, para garantir o bo desenvolvemento da Festa. tamén, como medida de seguridade, a circulación na vila estará restrinxida, para facilitar tamén o paso dos vehículos de emerxencia, no caso de que fose necesario; con pases especiais para aquelas persoas que teñan garaxe no centro. Reforzaranse os aseos públicos e a súa situación estará sinalizada sobre un mapa. Instalarase un posto específico de seguridade e un punto lila de información sobre a violencia de xénero.

Desde o Concello engaden: “entre todos/a temos que conseguir que a Festa flúa de xeito positivo e que esta edición da Maruxaina quede no noso recordo como unha das mellores, por unha diversión sa e respectuosa co medio e coas persoas".