Todo está listo en San Ciprián para a festa de San Xoán o 23 de xuño. Haberá xogos populares, cea e música.

A festa de San Xoán en San Ciprián celebrarase o sábado, 23 de xuño, a partires das 19:30 horas.

Haberá xogos populares para nenos e maiores, e unha pancetada, chourizada e salchichada. Ás 00:30 horas terá lugar o sorteo dunha cesta de produtos típicos, e á 1:00 dará comezo o concerto de Mi rollo es el rock.

Instalarase un aparcamento no estanco da praia do Torno.

Organiza: A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo.