Trabadela celebra as súas festas na honra de San Xosé os días 31 de marzo e 1 de abril. O recinto festivo estará cuberto con carpa.

Trabadela, localidade da parroquia de Sante, no concello de Trabada, celebra as súas tradicionais festas na honra de San Xosé os días 31 de marzo e 1 de abril, sábado e domingo.

Os festexos empezarán o sábado 31 de marzo ás dúas da tarde coa sesión vermú que estará amenizada pola orquestra Compostela, que tamén actuará na verbena, a partir das dez e media da noite, xunto co grupo Montreal.

O domingo 1 de abril haberá misa solemne ás 13:30 horas e a continuación sesión vermú coa orquestra Abanico, que tamén actuará na verbena, programada para as dez da noite.

O recinto festivo estará cuberto con carpa.

Os organizadores das festas de Trabadela son Sara, José Luis, Josefa, Antonio, Venancio e Jose.