Trécola Preducións chega ó Vicedo o 23 de outubro co "Show de Barallocas". A entrada é de balde.

Ao abeiro do ciclo de Monicreques 2021 da Área de Cultura da Deputación de Lugo este sábado, 23 de outubro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura do Vicedo estará Trécola Producións co seu espectáculo “Show de Barallocas”.

Barallocas é un ser despistado e apaixoado que en cada obxecto, sombra ou mesmo na palma da man atopa un xogo. Unha ilusión que vai medrando ata que enreda e esvara con todo conseguindo chegar á maior desfeita endexamais imaxinada. 

A entrada é de balde. Organizan: asociación de veciños de San Román e Casa da Cultura de O Vicedo.