Ubú Teatro presenta o 13 de novembro na Casa da Cultura de O Vicedo a obra infantil "O vixilante dos soños".

O Concello de O Vicedo programa a representación da obra infantil "O vixilante dos soños", a cargo de Ubú Teatro. A función terá lugar este venres, 13 de novembro, na Casa da Cultura a partires das 16:45 horas, con entrada gratuíta.

Debido á normativa do covid, só poderán asistir un máximo de 60 persoas.

Colabora con esta actividade: Área de Cultura da Deputación de Lugo e o grupo Ubú Teatro.