Verónica Cambón actuará o 22 de maio en Cervo dentro do ciclo A Caixa de Música. Será na Praza do Souto a mediodía.

Este domingo, 22 de maio, terá lugar unha nova actuación en Cervo dentro do ciclo cultural A Caixa da Música, que promove a Delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés.

Verónica Cambón actuará a partir das 13:30 horas na Praza do Souto.