A VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais celebrarase o 17 de setembro. As inscricións ábrense o 4 de maio.

A VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais celebrarase o 17 de setembro. No acto de presentación, que tivo lugar esta mañá, participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, o delegado do Progreso na Mariña, Xavier Lombardero, o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, e o técnico municipal de Deportes, Iván Rodríguez. 

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “aquilo que hai oito anos iniciamos como un experimento foise consolidando ata ser hoxe en día unha cita ineludible das medias maratóns, que discorre por un lugar do máis fermoso tanto de Galicia como de todo o Cantábrico e de todo o Estado. Centos de persoas son os que cada ano se anotan nesta media maratón entre Ribadeo e As Catedrais. Confiamos que centos de persoas o volvan facer para esta nova edición, na que contamos con moitos colaboradores que co seu apoio fan que sexa unha das carreiras con máis boas críticas, en canto a organización, a intendencia e a que os obstáculos difíciles destes 22 quilómetros se fan moito máis levadíos co apoio de toda esta xente, entre eles o xornal El Progreso, a asociación de comerciantes e o resto de xente que nos bota unha man”.

O concelleiro de Deportes tivo palabras de agradecemento para os colaboradores: “agradecer a Acisa, ao Progreso e a todos os colaboradores, pero sobre todo ao voluntariado porque é importante no percorrido e sen os voluntarios non poderíamos facer este evento, para a que necesitamos moita xente e moito apoio. As inscricións vanse abrir a partir deste mércores, día 4, desde as cinco da tarde. Para os 100 primeiros serán 5 euros, despois dos cen primeiros a partir do 17 de maio serán 6 euros, do 18 de maio ao 25 de xullo serán 7 euros, a partir do 26 de xullo ata o 15 de agosto serán 8 euros, e do 16 de agosto ao 13 de setembro, 9 euros. Cremos que son prezos módicos, atractivos para todo o mundo que queira participar e competir dentro do que poidan. Esperemos que a máscara se quite, que non teñamos que volver a ela e que todo o mundo poida disfrutar desta proba única”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou: “desde Acisa Ribadeo estamos moi satisfeitos de poder colaborar un ano máis con esta edición da media maratón. Para nós é moi importante este evento, que atrae a centos de persoas, entre participantes e acompañantes, e que axuda a levar o nome de Ribadeo a moitos lugares de Galicia e de España. Polo tanto poder colaborar con este evento e outros similares para nós é importante, como o é dar a coñecer Ribadeo e que a xente que participe disfrute da hostalería e do comercio. Polo tanto dámoslle as grazas ao Concello de Ribadeo por contar con nós”.

O delegado do xornal El Progreso na Mariña, Xavier Lombardero, dixo que As Catedrais vai a máis. Es una de esas pruebas que cuando hablas de ella o preguntas por cualquier sitio dicen que es muy bonita; la gente se acuerda de ella por el recorrido y por el ambiente y en El Progreso estamos encantados de estar siempre ahí. Es una estupenda bandera para A Mariña”.