Xa está lista a Sardiña para o Enterro que terá lugar en Burela o 2 de marzo. Foi elaborada pola Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña.

A concelleira de Festexos, Toñi Eijo, agradece á Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña a elaboración da Sardiña para o Enterro que terá lugar este mércores, 2 de marzo, a partires das oito da tarde con saída desde O Poeta e chegada ao Penoural. 

Eijo subliñou que “queremos agradecer o traballo realizado por este colectivo, que todos os anos colabora co Concello. A Sardiña está moi traballada e é moi chula. E tamén queremos dalas grazas a Dambara, que poñerá o toque musical no Enterro da Sardiña do mércores”.

Xunto á Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña estiveron esta mañá o alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Festexos e Cultura, Toñi Eijo e José Díaz. 

Día do Neno

A edil burelesa tamén adiantou que “para mañá temos prevista a celebración do Día do Neno con inchables de 16:30 a 20:30 horas na praza do Concello, pero en caso de que chova as actividades trasladaranse ao pavillón dos institutos”.