Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre actuarán en Burela o 19 de marzo. As entradas están xa á venda.

A Casa da Cultura de Burela acollerá un concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre o 19 de marzo ás 20:00 horas.

Nesta actuación presentarase o terceiro álbum do grupo, titulado As catedrais silenciadas, que é quizais a obra que mellor reflicte a esencia do encontro de Xabier Díaz coas Adufeiras e probablemente a que explora os límites deste formato con máis profundidade. 

As catedrais silenciadas son os vellos soutos milenarios, o idioma, os alalás, os nomes dos cons, as vacas ou as vellas ribeiráns. Un disco que está a cultivar os mellores datos históricos para o proxecto Tres meses consecutivos no Top Ten do World Music Charts Europe e a entrada na sección Top of the World da prestixiosa revista Songlines (númerode agosto-setembro de 2021) na que os editores escollen os dez mellores discos de cada mes en todo o mundo.

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre chegan a Burela logo dunha extensa xira por máis de trece países e douscentos concertos que queren achegar un berro de alerta ante o progresivo despoboamento do rural e a perda identitaria que isto implica, a desaparición da cultura que temos e que fundamenta a nosa diferenza no mundo.

As entradas xa están á venda en www.ataquilla.com.