Xita Rubert presentará o 28 de xuño en Foz a súa novela "Mis días con los Kopp". Será na Libraría Bahía.

O martes, 28 de xuño, ás oito e media da tarde, estará na Libraría Bahía a esritora Xita Rubert para presentar a súa nova novela Mis días con los Kopp editada pola editorial Anagrama.

Mis días con los Kopp, é unha novela de iniciación na que a autora aborda temas como a paternidade, a enfermidade ou a hipocresía social, cun estilo moi elaborado e unha profundade de análise sorprendente nunha escritora tan nova.

Xita Rubert, moi vencellada a Foz por ser filla da escritora focega Luisa Castro, presentará no que dalgún xeito é tamén o seu pobo, esta súa primeira novela coa que comeza unha carreira literaria que agardamos sexa moi frutífera.