A XLV Queimada Popular de Cervo terá lugar o 19 de agosto. Haberá Mercado Tradicional e moita música ao longo de todo o día.

A parroquia de Cervo xa se prepara para acoller, o vindeiro sábado 19 de agosto, a XLV Queimada Popular.

A cita foi presentada na Praza do Souto pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente alcalde, Mali Méndez o edil de Turismo, David Rodríguez,os representantes da Asociación Airiños do Xunco, Rafa Blas e Carlos Sanz.

Os actos arrincarán ás 10:00 horas, coa apertura do Mercado Tradicional. Ás 12:00 horas será o paseo de “autoridades” acompañadas do grupo Medio Quiñón
Ás13:00 horas será a lectura do pregón por parte das “autoridades”.

Entre as 12:00 e as 14:00 horas, poderase mercar diferentes tipos de comida nos postos instalados na contorna.

Xa pola noite, ás 23:00 horas, está prevista a saída da comitiva da Queimada desde as Escolas Vellas ata a Praza dos Souto. E ás 23:45 horas será a agardada Representación. A continuación o toque musical correrá a cargo deAstarot, a Banda de Balbina e a Charanga Santa Compaña.

Ao longo da xornada haberá diferentes actuacións de grupos de música tradicional.

A Queimada Popular está organizada pola Asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convidan a veciños e visitantes a desfrutar desta xornada máxica na vila.