O 10 de xullo celébrase a III Ruta Cabalar de Alfoz, que organizan Os Fandangueiros. Haberá xantar, sorteo de agasallos e discoteca móvil.

O 10 de xullo celébrase a III Ruta Cabalar de Alfoz, que organizan Os Fandangueiros. Haberá xantar, sorteo de agasallos e discoteca móvil.
 
O  vindeiro domingo, 10 de xullo, terá lugar en Alfoz a III Ruta Cabalar.
 
Organizada pola Comparsa Os Fandangueiros de Alfoz dará comezo ás dez da mañá. A saída dos participantes será desde o pavillón municipal e terán uns pinchos a medio camiño e a comida está prevista para as 14:00 horas. Tamén haberá sorteos e agasallos para todos os participantes e unha discoteca móvil con Eventec.
 
O prezo para participar é de 20 euros e os interesad@s poden obter máis información nos teléfonos 646 242 813(Silvia), 627 735827(Nayara) e 676 931 051(Juanjo). Organiza a Comparsa Os Fandangueiros de Alfoz e colaboran o Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo, a Organización Mercado Medieval de Alfoz, e Protección Civil do Concello de Mondoñedo.