O 17 de agosto preséntanse en Espasante as VI Xornadas Memoria dun Tempo, que organiza Nordés Faladora e que se celebrarán do 25 ao 27 deste mes en Mañón e no Vicedo.

O 17 de agosto preséntanse en Espasante as VI Xornadas Memoria dun Tempo, que organiza Nordés Faladora e que se celebrarán do 25 ao 27 deste mes en Mañón e no Vicedo.
 
Mañá, 17 de agosto, en Espasante (Ortigueira), terá lugar a presentación das VI Xornadas "Memoria dun tempo", que se celebrarán os días 25, 26 e 27 de agosto.
 
Como ben saben, Nordés é unha asociación que ten o seu ámbito territorial nos concellos de Mañón, O Vicedo e Ortigueira que, ademáis de outras moitas iniciativas, ven facendo dende o ano 2011 un traballo de recuperación da memoria histórica na bisbarra.
 
Nesta ocasión, e despois de telo feito no Ateneo de Ferrol, a "Cita coa Historia", que así é o nome que se lle ten dado a estas presentacións, será no Bar de Fredi, no xa citado pobo de Espasante, onde Nordés amosará o programa dos actos das súas xornadas a partires das 20:30 horas, o cal se completará con outros actos dos que damos conta a continuación (adxuntamos cartel como arquivo adxunto):
 
1.- Presentación dos actos das VI Xornadas "Memoria dun tempo"
 
2.- Conferencia de Eliseo Fernández "O sindicalismo mariñeiro no Ortegal durante a II República"
 
3.- Recital de Andrés Rodríguez, cun repertorio de temas de cantautores galegos.
 
Eliseo Fernández, historiador ferrolán experto no movemento obreiro, especialmente do anarquismo e anarcosindicalismo, así coma no asociacionismo mariñeiro na bisbarra do Ortegal (sindicatos de Cariño, Espasante e O Barqueiro)
 
Andrés Rodríguez, membro de Nordés. Músico ouresán que acompañou a Suso Vaamonde durante unha época, sendo un profundo coñecedor das composicións de quenes formaron parte de Voces Ceibes e resto de grupos e cantautores dos anos 60 e 70.