O 7 de marzo celébrase en Xove a X Festa do Lacón, organizada pola asociación cultural Saíñas. As entradas xa están á venda en varios locais.

O 7 de marzo celébrase en Xove a X Festa do Lacón, organizada pola asociación cultural Saíñas. As entradas xa están á venda en varios locais.
 
O vindeiro sábado, 7 de marzo, terá lugar no pavillón municipal de Xove a X Festa do Lacón, que organiza a asociación cultural Saíñas e coa que colabora o Concello.
A festa dará comezo ás 20:30 horas. A venda de tickets para acudir pódese facer en Click Informática, Peluquería Rosa e Estética Marta. Neste caso o prezo da ración, en venda anticipada, será de 7 euros. Aquelas persoas que compren os tickets no pavillón o sábado pagarán 8 euros. 
Na festa os asistentes degustarán: sopa, pataca, chourizo, lacón, pan e bebida. Ademais despois haberá chocolatada. A festa estará animada pola Disco Móvil Pegaso a partir das once da noite. No descanso haberá sorteos de agasallos.