O Castelo de Castrodouro, en Alfoz, acollerá o 28 de outubro unha charla-café titulada "Comunidade e Muller na Galiza Rural", a cargo de Alba Díaz Geada.

O Castelo de Castrodouro, en Alfoz, acollerá o 28 de outubro unha charla-café titulada "Comunidade e Muller na Galiza Rural", a cargo de Alba Díaz Geada.
 
Con motivo da celebración do día Internacional da Muller Rural, presentouse en Alfoz a charla-café “Comunidade e Muller na Galiza Rural” que terá lugar o vindeiro 28 de outubro ás 20 horas no Castelo de Castrodouro de Alfoz, organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade coa colaboración do Concello de Alfoz.
 
A charla será conducida por Alba Díaz Geada, doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Alba Díaz Geada, con vínculos familiares no concello de Alfoz, ten feito estudos de investigación sobre o sindicalismo labrego galego e as mudanzas económicas, sociais e culturais no rural galego durante o franquismo e o proceso de cambio de réxime político. Grazas a un contrato posdoutoral puido seguir a afondar nestas cuestións nunha estadía no Laboratoire d'Etudes Rurales en Lyon e no Program in Agrarian Studies da Universidade de Yale. 
 
Na presentación participaron Paula Ferreiro, do colectivo organizador, e Xabier Pardiñas, tenente-alcalde do Concello de Alfoz. A entrada será libre e, desde a organización, agárdase a maior afluencia posible dada a relavancia do evento.