O CCA de Foz convoca unha nova edición do Concurso de Escaparates e sorteará 1.000 euros en vales de compra o 27 de decembro, dentro das actividades organizadas este Nadal.

O CCA de Foz convoca unha nova edición do Concurso de Escaparates e sorteará 1.000 euros en vales de compra o 27 de decembro, dentro das actividades organizadas este Nadal.
 
Os nenos e as nenas de Foz están de noraboa. Os que fagan as súas compras no comercio asociado ao Centro Comercial Aberto ata o 12 de decembro poderán recoller unha carta para enviarlles aos Reis Magos. Na misiva terán que poñer o seu nome, idade e colexio no que estudan, deberán dicir cal é a materia que máis lles gusta e tamén a que menos, en qué teñen que mellorar e qué tres cousas lles gustaría recibir o día de Reis. Unha vez que teñan a carta lista teñen que volver ao establecemento a depositala antes do día 13 e despois as súas maxestades de Oriente contestarán a todas as cartas enviadas polos rapaces e rapazas de Foz. 
 
Esta novidosa iniciativa enmárcase dentro das actividades programadas polo Centro Comercial Aberto focense para este Nadal. Durante as vindeiras semanas terá lugar unha nova edición do concurso de escaparates. Os establecementos interesados en participar teñen que enviar as fotos dos seus negocios á seguinte dirección de correo electrónico aciafoz@gmail.com antes do día 16 e do 17 de decembro ao 6 de xaneiro poderanse ver no facebook da asociación e poderanse votar. Aquela foto que reúna máis “me gusta” ao longo deses días será a gañadora do concurso de escaparates deste Nadal. 
 
Ademais o Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 1.000 euros en vales de compra. Será entre os clientes que fagan as súas compras no comercio asociado local entre o 17 e o 24 de decembro. Alí van recibir uns boletos que deberán cubrir e depositar nas árbores dos desexos que atoparán nos establecementos que participan nesta campaña. E o día 27, entre todos os recibidos, 10 serán premiados con 100 euros en vales de compra cada un. O sorteo realizarase a través da emisora local Radio Foz. 
 
Acia/CCA de Foz tamén contribuirá con diversas propostas á ambientación das rúas da localidade durante este Nadal 2016/2017.