O Cine Teatro, de Ribadeo, acollerá este sábado, 30 de maio, o Concerto das Letras Galegas da Banda de Música Municipal ribadense.

O Cine Teatro, de Ribadeo, acollerá este sábado, 30 de maio, o Concerto das Letras Galegas da Banda de Música Municipal ribadense.
 
Este sábado, día 30, ás 20:30 horas no Cine Teatro de Ribadeo terá lugar o Concerto das Letras Galegas da Banda de Música Municipal de Ribadeo.
O director da Banda, David Ballester, explicou que “vai ser todo o repertorio baseado en música tradicional galega e en obras compostas por galegos. Tocaremos obras que están creadas expresamente para banda así como outras que están compostas para orquestra e arranxadas para banda”.
David Ballester destacou que “neste concerto volvemos ter a sorte de poder incorporar 3 novos músicos, dúas rapazas coa frauta, Paula e Eva, e un compoñente máis de clarinete, Alberto, que tamén se nos uniu estas semanas. Entón pouquiño a pouco a banda vai medrando e vamos formando un grupo máis amplo. Invito a toda a xente de Ribadeo e aos que non sexan de Ribadeo e que estean por aquí ese día a que se acerquen ao Cine Teatro e poidan gozar e esperemos que lles guste todo o repertorio que seleccionamos para este concerto”.