O Concello de Barreiros organiza dúas campañas solidarias dirixidas a beneficiar ás familias máis necesitadas do municipio. Unha consistirá na recollida de alimentos e a outra na recollida de xoguetes.

 

O Concello pon en marcha dúas campañas solidarias para recoller alimentos e tamén xoguetes, segundo informa o alcalde, Alfonso Fuente Parga. Están organizadas polo departamento de Servizos Sociais, a través da Rede de Voluntariado Local, e en colaboración coa Barreiros conta cun banco de alimentos “coa finalidade de cubrir as necesidades básicas como a alimentación naquelas unidades de convivencia do noso concello que o precisen. Durante o que resta deste mes de novembro e en decembro recollerase comida non perecedoira a curto prazo e produtos básicos como xel, champú, pañais, etc”. As persoas interesadas en colaborar con esta campaña poder depositar a súa axuda nos CEIP de San Miguel de Reinante e de San Cosme de Barreiros, nos supermercados Eroski e Gadis e tamén no roupeiro municipal. Neste último caso só os venres en horario de 17:30 a 19:00 horas. O roupeiro municipal está situado no Teleclube de San Cosme.

 

 

Un ano máis coa chegada do Nadal o Concello pon en marcha a campaña Un neno, un xoguete para que ningún neno ou nena de Barreiros quede sen agasallos nesas datas. Aquelas persoas que queiran doar material escolar novo, contos infantís e xoguetes usados en bo estado e que non sexan bélicos poden dirixirse tamén os venres ao roupeiro municipal de 17:30 a 19:00 horas ata o día 19 de decembro. Desde os Servizos Sociais municipais lembran que “as familias interesadas en beneficiarse desta campaña deberán achegarse ata este departamento (xunto educadora familiar) os venres de 9 a 11 da mañá para formalizar as solicitudes correspondentes. Teñen tamén ata o 19 de decembro”.