O Concello de Cervo organiza o XVII Concurso de Postais de Nadal para alumn@s de infantil e de primaria do municipio.

O Concello de Cervo organiza o XVII Concurso de Postais de Nadal para alumn@s de infantil e de primaria do municipio.
 
O Concello de Cervo organiza a XVII edición do concurso de postais de Nadal, no que poden participar todos os escolares do municipio que cursen estudios de Infantil e Primaria.
 
Nas bases especifícase que “as obras terán como tema O Nadal, presentaranse nunha cartolina tamaño folio e deben enviarse sen asinar e acompañadas dun sobre pechado cos datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono. Establecerase un premio para cada categoría, que son tres: de 3 a 5 anos de idade, de 6 a 9 anos e de 10 a 12. Os traballos presentaranse na Casa do Mar de San Ciprián ou no Concello de cervo e o prazo remata o día 25 deste mes. Entre as tres postais finalistas o xurado elixirá unha, coa que o Concello felicitará o Nadal a outros concellos e institucións. Se das tres postais finalistas ningunha cumpre os requisitos para unha boa reprodución na imprenta o xurado, que estará formado por 5 membros, resérvase o dereito a elixir outra postal con esa finalidade”.
 
O fallo farase público o día 30 deste mes.