O Concello de Mondoñedo organiza, en colaboración co Centro Socio Comunitario da Xunta, un obradoiro para a creación de adornos e de traxes medievais. Comezará o 10 de maio.

O Concello de Mondoñedo organiza, en colaboración co Centro Socio Comunitario da Xunta, un obradoiro para a creación de adornos e de traxes medievais. Comezará o 10 de maio.
 
O Concello de Mondoñedo en colaboración co Centro Socio Comunitario da Xunta de Galicia da localidade organizan un obradoiro destinado á aprendizaxe para a creación de adornos e á elaboración de traxes medievais. 
 
A alcaldesa da localidade, a popular Elena Candia, explica que dende a administración local se organiza esta iniciativa coa finalidade de que este ano, coincidindo co 25 aniversario do Mercado Medieval que se celebrará en agosto, un maior número de persoas se vista da época e que todas as vivendas da cidade estean ambientadas.
 
O curso dará comezo o próximo 10 de maio e celebrarase cada martes de 11:00 a 13:00 horas. Dende o Goberno local informan que os interesados poderán inscribirse no Centro Socio Comunitario ou través do teléfono 982 828 391. O custo mensual para as persoas que se anoten no obradoiro para elaborar os seus traxes é de 12 euros máis o material. A actividade terá carácter gratuíto para aqueles inscritos que se anoten para a creación de estandartes.