O Concello de Mondoñedo organiza o VI Curso de Música Interdisciplinar que se celebrará do 11 ao 15 de xullo. A cita concluirá cun concerto de clausura.

O Concello de Mondoñedo organiza o VI Curso de Música Interdisciplinar que se celebrará do 11 ao 15 de xullo. A cita concluirá cun concerto de clausura.
 
A Escola Municipal de Música ‘O Pallarego’ de Mondoñedocelebrará este verán o VI Curso de Música Interdisciplinar que se levará a cabo do 11 ao 15 de xullo. O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías,Alberto García e Xulia Nogueira, mestrada escola, presentaron hoxe o cartel destas xornadas.
 
Alberto García apuntou que “un ano máis levamos a cabo esta actividade que se dirixe a rapaces de catro anos en diante, tanto para os que tocan algún instrumento ou están comezando a facelo, como para aqueles que non se iniciaron no mundo da música pero que teñen interese en descubrilo”. 
 
García precisou que nos cursos se “traballará o ritmo, a voz, a expresión corporal dende niveis básicose de xeito lúdico, e ofrecerase a posibilidade de que alumnos dediferentes niveis poidan participar, incluso os máis pequenos coninstrumental Orff, potenciando así o traballo en grupo e a coordinación”.
 
O concelleiro mindoniense precisou que “tamén imos ter o apartado de caracterización, decorados e preparacióndos personaxes desta ópera baseada nun conto dos irmáns Grimm: Hansel e Gretel”.
 
García apuntou que o curso “é totalmente gratuíto para todos os nenos e nenas asistentes” e celebrarase “en horario de 10:00 a 11:30 horas”. 
 
A alcaldesa da localidade, a popular ElenaCandia , celebrou tamén o enorme éxito desta iniciativa “que xa vai pola sexta edición e sempre conta cun gran número de participantes”.
 
Concerto de clausura
Como punto e final  a esta actividade celebrarase un concerto de clausura o venres 15 de xullo ás 20:30 horas. O concelleiro,Alberto García, explicou que “nesta xornadadesfrutaremos co traballo dos nenos e nenas participantes e os conceptos aprendidos ao longo do taller. Participarán todos os rapaces e as rapazas e interpretarán un conto musical infantil para todo o público”.