O Concello de O Valadouro dedica un ciclo de conferencias á loita antifascista.

O Concello de O Valadouro dedica un ciclo de conferencias á loita antifascista.
 
O Concello de O Valadouro, a través a Concellaría de Cultura, organiza un ciclo de conferencias titulado "A loita antifascista na Galiza", que incluirá tamén a proxección do documental O piloto, de José Reigosa e Alfonso Eiré, sobre o último dos guerrilleiros galegos, abatido pola Garda Civil en 1965. O ciclo desenvolverase no salón de actos do centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade Manuel Lourenzo, en Ferreira.
A cita bota a andar o 10 de outubro ás 19 horas coa conferencia de Arturo Mogo sobre "A guerrilla na zona do Valadouro". O 21 de outubro celébrase un cinefórum, coa proxección de O piloto, ás 20 horas. A proxección contará coa presenza de José Reigosa e Alfonso Eiré, produtor e guionista do filme, respectivamente. O 7 de novembro é a quenda de Francisco Piñeiro, que ofrece unha conferencia titulada "Entre o desacougo de Cunqueiro e os traidores do Gardarríos". Será ás 20 horas. E o último día, o 28 de novembro, o encontro centrarao a intervención de Manuel Monge, que falará para o auditorio sobre "A recuperación da memoria democrática e a historia secuestrada polo franquismo", tamén ás oito da tarde. 
Todos os actos son de balde.